A maquinar!!

Bos días labregos e gandeiros...
Benvid@s o novo blog adicado a rememorar aos fuxidos da Guerra Civil Española no noroeste de España. Aquí vostede poderá atopar a información necesaria para entender a dura recesión durante a época da posguerra. Iso sí, aquí vamos facer fincapé nos Maquis. A maquinaar!!!
" Quen de novo non traballa de vello dorme na palla "

jueves, 29 de mayo de 2014

Os Maquis no ensaio





 Este é un libro dirixido a lectores de franxa idade comprendida entre 11-18, polo que é de suponer que está enfocado dunha maneira didáctica para acercar ao mundo guerrilleiro aos mais xóvenes.       
O libro Clandestins é un libro didáctico dirixido para persoas de mediana idade. Fala das distintas "travesuras" que tiñan que facer os guerrileiros para subsistir na época franquista así como os distintos agochos.

lunes, 5 de mayo de 2014

Benigno Andrade "O Foucellas"

O Foucellas

Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT e guerilleiro anti-franquista. Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado na Galicia.


Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, e tamén traballou nunha leitería. Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada.
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de Curtis, chamada “Sociedade Republicana Radio Comunista” en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas.
Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a Guerra Civil  enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estación de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes  e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerileiro de Galicia En 1947 parte para Pontevedra, onde é o principal combatente da V Agrupación. En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche, xefe do destacamento Cortizas.
Nos anos 1950 e 51, xa moi minguados os destacamentos guerrileiros, trasládase á zona de Betanzos, en compañía de Manuel Villar, Manolito, que lle servía de único enlace. O 9 de marzo de 1952 é detido no lugar de Costa, en Orza de Ríos resultando morto Manolito e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.
Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en Consello de Guerra o 26 de xuño de 1957 e condenado a morte, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano, na prisión da Coruña , mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de San Amaro.
As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:
“Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elexido”.

lunes, 28 de abril de 2014

Maquis en Galicia



 Os Maquis en Galicia

As guerrillas organizadas que actuaron en Galicia foron a Federación de Guerrillas de León-Galicia e o Exército Guerrilleiro de Galicia. Arredor de mil persoas realizaron unha resistencia armada nos montes contra o fascismo, e unha grande parte delas fixeron parte destas guerrillas ou tiveron algún tipo de contacto con estas estruturas. Máis de nove mil persoas foron presas ou sancionadas por colaboración ou sospeitas de manteren relacións coa guerrilla durante o conflito civil, e despois na posguerra até o ano 1967 coa retirada do último guerrilleiro a Francia.
Un guerrilleiro galego foi Benigno Andrade García "O Foucellas" nado no lugar das Foucellas, concello de Mesía, en outubro do ano 1908 e que en xullo de 1936 "lanzouse" ao monte para combater ao novo réxime. Durante dezaseis anos estivo loitando e despistando aos seus perseguidores ata que foi detido no ano 1952 e executado na Coruña.