Os Maquis en Galicia
As guerrillas organizadas que actuaron en Galicia foron a Federación de Guerrillas de León-Galicia e o Exército Guerrilleiro de Galicia. Arredor de mil persoas realizaron unha resistencia armada nos montes contra o fascismo, e unha grande parte delas fixeron parte destas guerrillas ou tiveron algún tipo de contacto con estas estruturas. Máis de nove mil persoas foron presas ou sancionadas por colaboración ou sospeitas de manteren relacións coa guerrilla durante o conflito civil, e despois na posguerra até o ano 1967 coa retirada do último guerrilleiro a Francia.
Un guerrilleiro galego foi Benigno Andrade García "O Foucellas" nado no lugar das Foucellas, concello de Mesía, en outubro do ano 1908 e que en xullo de 1936 "lanzouse" ao monte para combater ao novo réxime. Durante dezaseis anos estivo loitando e despistando aos seus perseguidores ata que foi detido no ano 1952 e executado na Coruña.