A maquinar!!

Bos días labregos e gandeiros...
Benvid@s o novo blog adicado a rememorar aos fuxidos da Guerra Civil Española no noroeste de España. Aquí vostede poderá atopar a información necesaria para entender a dura recesión durante a época da posguerra. Iso sí, aquí vamos facer fincapé nos Maquis. A maquinaar!!!
" Quen de novo non traballa de vello dorme na palla "

lunes, 28 de abril de 2014

Os Maquis



Maquis
O maquis, tamén coñecido como a guerrilla, foi o conxunto de movementos guerrileiros antifascistas de resistencia en España que comezou durante a Guerra Civil. O case inmediato estalido da Segunda Guerra Mundial sorprendeu a moitos excombatentes republicanos en territorio francés. A partir de 1944, cos exércitos alemáns en retirada, moitos destes guerrilleiros reorientaron a súa loita antifascista en España. Pese ao fracaso da invasión do Val de Arán nese ano, algunhas columnas conseguiron progresar cara o interior e enlazar coas partidas que permaneceran no monte desde 1939. Os maquis tiveron relevancia en todo o norte español, en Andalucía e noutra zonas durante e despois da Guerra civil española.
O período de máximo apoxeo guerrilleiro foi o comprendido entre 1945 e 1947. A partir deste ano intensificouse a represión franquista, que pouco a pouco foi terminando coas partidas ou grupos. Moitos dos seus integrantes morreron ou foron detidos (o que en moitos casos supuxo a morte), outros escaparon a Francia ou Marrocos. En 1952 procedese á evacuación dos últimos continxentes de importancia. Desde ese ano, os que aínda resistían no monte, negándose a elixir entre o exilio ou a morte, loitan xa case exclusivamente pola supervivencia. O final do maquis márcano as mortes de Ramón Vila en 1963 e de Xosé Castro en 1965.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario